Este informe artéllase en varios puntos que analizan a cuestión forestal en Galicia: a conflitividade social arredor das plantacións forestais, a cuestión forestal no contexto das políticas territoriais, os efectos dos cultivos forestais sobre a biodiversidade, o patrimonio cultural do monte, a protección dos bens patrimoniais ante da xestión forestal e o patrimonio como recurso cultural neste contexto, aspectos que aportan unha visión xeral derredor da situación do monte en Galicia e de como lle afectan os cultivos forestais de crecemento rápido. Con todo iso, recóllense unha serie de conclusións que mostran a situación galega, para intentar achegar recomendacións que eviten as afeccións deste tipo de cultivos ao patrimonio cultural e natural na comunidade galega.

[Data da nota de prensa: setembro 2023]

Título Informe sobre o impacto dos cultivos forestais con especies de crecemento rápido no patrimonio natural e cultural de galicia
Publicación Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega, 2023
Edición 1ª edición
Descrición física 115 p.: cor. (Edición dixital)
Notas Non hai edición en papel.
DOI 10.17075/icfecrpncg.2023
Colección Informes
Evento Difusión. Informes
Informe sobre o impacto dos cultivos forestais con especies de crecemento rápido no patrimonio natural e cultural de Galicia.
18/9/2023. Consello da Cultura Galega. Consellodacultura.gal
Materias
Áreas
Código QR
qr code