• En venta!

Toponimia e variación dialectal en galego: os topónimos rematados en -oa, -oá, -úa, -uá

Autor/a
Pérez Capelo, Carolina
No presente traballo pretendemos achegarnos aos topónimos galegos rematados en -oa, -oá, -úa, -uá. A escolla destas catro terminacións ten a súa razón de ser no enfoque desde o cal queremos estudar estes nomes. A nosa intención neste traballo é examinar estes topónimos desde o punto de vista da xeografía lingüística. Partimos da constatación de que existen na toponimia galega nomes coma Ferreiroa / Ferreiroá / Ferreirúa que presentan unha mesma base mais nos que se observan diferentes variantes na terminación. O noso propósito será examinar se estas variantes aparecen aleatoriamente ou se presentan distribución diatópica e, no caso de seren dialectais, delimitar as áreas xeográficas que cada terminación ocupa e contrastar a información que a toponimia nos ofrece coa que podemos extraer dos datos da lingua viva.
Transacción
Formato
€5,00
Cantidade

Ficha Técnica

Edición
1
Cidade de publicación
Santiago de Compostela
Editorial
Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico
Ano publicación
2015
Nº de paxinas
128
Serie
Limiar
ISBN
9788416183890
Dispoñibilidade
Si